Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2023

MULLERES COMPOSITORAS

 Boas, rapazada! O alumnado de 5º EP están a realizar un traballo sobre mulleres compositoras. Para facelo están a seguir os seguintes pasos:  1. Elexir unha muller compositora.  2. Investigar e recoller información sobre a súa vida e obra. 3. Descargar o seguinte documento e completalo:  https://docs.google.com/document/d/1i8suHFdMZXzncaGsRzrZ45NDO7QQ6-bP/edit?usp=sharing&ouid=111380625762634722044&rtpof=true&sd=true 4. Subir a información recollida no seguinte padlet:  https://padlet.com/musicanatorre/traballos-mulleres-compositoras-pcw1hfa3rr7exp8l 5. Recortar, pegar os distintos fragmentos nunca cartulina de cor.  6. Poñerlle título.  Estade atentxs para ver o resultado! 

DÍA DA PAZ

O pasado luns 30 de xaneiro conmemoramos o día da Paz con varias actuacións: a primeira foi a cargo do alumnado de 2º de Primaria que acompañou a canción "Baile da Paz" do grupo Mamá Cabra cunha coreografía.  Logo todo o alumnado do centro fixo dúas rodas e bailamos "O mundo é grande" tamén de Mamá Cabra no patio do colexio.  Aquí tendes os vídeos das dúas actuacións: