Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2022

EXPOSICIÓN VIRTUAL DE INSTRUMENTOS

Boas, rapazada! Xa temos na aula de música os primeiros instrumentos feitos coas vosas mans...e sodes uns/unhas auténticos/as lutieres!! Como queremos que toda a comunidade educativa poda disfrutar deles, creamos un mural virtual onde iremos subindo os instrumentos que traiades.  Que os disfrutedes tanto coma nós:  https://padlet.com/musicanatorre/dgir05g86w6lll7u

OBRADOIRO ECOPERCUSSIÓN

Imagen
  Hoxe o alumnado de 5º e 6º gozaron dun obradoiro moi divertido no que utilizaron material de reciclaxe para interpretar música.  Un bidón, botes de pintura baleiros e baquetas foron suficientes para aprender, repetir e crear esquemas rítmicos, facer polirritmias máis complexas...e algún grito de guerra que outro :) Déixovos por aquí uns videos para que vexades o ben que o pasaron e o fixeron: 

EXEMPLOS PARA A CONSTRUCCIÓN DUN COTIDIÁFONO

Imagen
  Boas, rapazada! Déixovos varios exemplos para que vos sirvan de inspiración na construcción do voso instrumento feito con material reciclado.  Algúns xa os vimos na clase, outros son novos, así que agardo que vos sexan útiles.  Lembrade que tedes ata o día 12 de decembro para traelos ao cole.  https://mjpedagogiamusical.com/como-crear-instrumentos-musicales/ https://dino-rino.es/taller-de-instrumentos-musicales-con-material-reciclado/ https://www.instrumentosmusicales10.net/instrumentos-musicales-material-reciclado/ https://victoriaucam.wixsite.com/musica3primaria/cotidifonos https://www.youtube.com/watch?v=An2yKoPgf6c https://www.youtube.com/watch?v=SgXfgBizZoM Saúdos, torrícolas!

VISITA DO LUTIER JOSÉ CATOIRA

Imagen
Boas, rapazada! Esta mañá tivemos a visita do lutier José Catoira, que nos ensinou cómo é o oficio da lutería, tanto en relación á construción coma a reparación de instrumentos do cuarteto de corda: violín, viola e violonchelo.  Ademáis, José Catoira ensinounos paso a paso cómo se constrúe un violín, os tipos de madeira que se precisan e as partes do mesmo. Tamén explicoulles ós alumnos cómo naceu esta vocación nel e cales foron os pasos a seguir para converterse nun mestre lutero. Todo un privilexio coñecer un oficio tan especial e antigo como este da man dun dos mellores lutieres non só de Galicia, senón do noso país. 

RETO "SOMOS LUTIERES"

Imagen
Boas tardes! Dende a Aula de Música lanzamos o seguinte reto: que vos convirtades en lutieres este trimestre para realizar unha exposición conxunta do 12 ao 22 de decembro. Durante as próximas clases de música coñeceremos a profesión de lutier e as moitas posibilidades que temos de construir un instrumento con material de reciclaxe...¡hai miles de ideas! ¡Agardamos a vosa!

ARRANCAMOS!

Imagen
 Bo día!! Arrancamos este blogue musical do CEIP Torre de Hércules coa banda sonora do proxecto de centro deste ano, titulado "POBO DE ARTISTAS".  Seguiremos contando as nosas aventuras!  Saúdos, torrícolas!