Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

CONCIERTO DIDÁCTICO: WALT Y DIANA. EL VIAJE CONTINÚA.

Imagen
 Boas, rapazada! O pasado xoves día 30 de marzo os grupos de 3º, 4º, 5º e 6º de EP asistiron a un concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera titulado "Walt y Diana. El viaje continúa".  Disfrutaron moito vendo a toda orquestra en plena acción, ó coro e os solistas mentres lembraron algunhas das cancións da súa infancia, coma Hércules, Encanto ou Toy Story.  Todo un éxito!

CARTEIS PSICODÉLICOS DE 6º EP

Imagen
  Boas rapazada!  Aquí tendes os resultados do traballo dos rapaces e rapazas de 6º sobre a cartelería psicodélica de Victor Moscoso:

CANCIÓN "AIKEN DRUM" CON 3 ANOS

Imagen
Boas!  Os nenos e nenas de 3 anos están traballando neste trimestre o corpo humano. Por iso, dende a clase de música fixemos esta actividade onde mesturamos corpo, alimentación saudable e arte.  A través da canción "Aiken Drum" traballamos as distintas partes da cara con frutas e vexetais e despois creamos o noso propio "Aiken Drum" en parellas.  Deixovos a canción e algunhas das creacións da rapazada: 

TEATRO "ELAS PINTAN MOITO"

Imagen
 Boas, rapazada!  O pasado mércores 1 de marzo, arrancando co Mes da Muller, tivemos a sorte de ter no noso cole ó grupo Migallas Teatro representando "Elas pintan moito", unha proposta moi acorde co noso proxecto de centro. "Elas pintan moito"  é unha sesión de contos e música en directo baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Kahlo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística. Durante a sesión, as nenas e nenos, alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubrirán facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba.  Pasámolo en grande! 

CONCERTO DIDÁCTICO NO CONSERVATORIO PROFESIONAL DA CORUÑA

Imagen
Boas rapazada! O martes pasado estivemos no Conservatorio Profesional de Música da Coruña asistindo a un Concerto Didáctico cos grupos de 2º e 3º de Ed. Primaria.  O fío condutor do concerto Didáctico foi o conto "A máquina do tempo": Trátase da historia de dous irmáns, Clara e Marcos, que cada fin de semana visitan aos seus avós que viven nunha fermosa aldea rodeada de natureza. Un día, atopan ao seu avó moi triste e apagado, polo que deciden embarcarse na misión de devolverlle a alegría. Para iso, empregarán un raro trebello que atopan no faiado dos avós. Este aparato resuta ser unha máquina do tempo, que lles permite viaxar a distintas épocas e países e así poder coñecer músicas fascinantes. Gracias a estas viaxes, danse de conta de que a música ten a capidade de influir nas emocións das persoas e cren saber cal será a menciña que devolverá a alegría e ilusión ao seu avó. Aquí vos deixamos unhas fotos! Saúdos!