Entradas

COÑECENDO OS INSTRUMENTOS MUSICAIS

Imagen
 Ola rapazada!  O alumnado de 5º de Ed. Infantil está coñecendo pouco a pouco os instrumentos musicais. Hoxe, tocoulle o turno ó ukelele, da familia da corda.  Botádelle un ollo ás fotos, veredes qué futurxs músicxs temos no colexio!  

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!

Imagen
 Boas, rapazada! Comezamos un novo curso inaugurando un novo proxecto dende a Biblio Xanela: "Historias do Mar".  Podedes escoitar a música relacionada có proxecto dende a seguinte ligazón: 

UNHA EMOCIÓN, UNHA BANDA SONORA.

 Boas!  Comezamos este tercer trimestre xuntando emocións e cine co alumnado de 6º EP.  Imos xogar ó seguinte xogo:  1. Poñédevos en grupos de 2 ou 3 persoas.  2. Cada grupo buscará en youtube 5 bandas sonoras de películas que lles transmitan as seguintes emocións:   AMOR TRISTEZA MEDO AVENTURA ALEGRÍA 3. Cada unha delas tédelas que subir ao seguinte padlet só có título da emoción, sen identificar qué grupo a selecionou.  GRUPO 1 https://padlet.com/musicanatorre/grupo-1-una-emoci-n-una-banda-sonora-lj42i35xf31owsc GRUPO 2 https://padlet.com/musicanatorre/grupo-2-una-emoci-n-una-banda-sonora-3m77x2v0y90qs5ip 4. Nos comentarios tedes que adiviñar a qué grupo pertencen as distintas bandas sonoras...seredes capaces? COMEZAMOS!

CONCIERTO DIDÁCTICO: WALT Y DIANA. EL VIAJE CONTINÚA.

Imagen
 Boas, rapazada! O pasado xoves día 30 de marzo os grupos de 3º, 4º, 5º e 6º de EP asistiron a un concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera titulado "Walt y Diana. El viaje continúa".  Disfrutaron moito vendo a toda orquestra en plena acción, ó coro e os solistas mentres lembraron algunhas das cancións da súa infancia, coma Hércules, Encanto ou Toy Story.  Todo un éxito!

CARTEIS PSICODÉLICOS DE 6º EP

Imagen
  Boas rapazada!  Aquí tendes os resultados do traballo dos rapaces e rapazas de 6º sobre a cartelería psicodélica de Victor Moscoso:

CANCIÓN "AIKEN DRUM" CON 3 ANOS

Imagen
Boas!  Os nenos e nenas de 3 anos están traballando neste trimestre o corpo humano. Por iso, dende a clase de música fixemos esta actividade onde mesturamos corpo, alimentación saudable e arte.  A través da canción "Aiken Drum" traballamos as distintas partes da cara con frutas e vexetais e despois creamos o noso propio "Aiken Drum" en parellas.  Deixovos a canción e algunhas das creacións da rapazada: 

TEATRO "ELAS PINTAN MOITO"

Imagen
 Boas, rapazada!  O pasado mércores 1 de marzo, arrancando co Mes da Muller, tivemos a sorte de ter no noso cole ó grupo Migallas Teatro representando "Elas pintan moito", unha proposta moi acorde co noso proxecto de centro. "Elas pintan moito"  é unha sesión de contos e música en directo baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Kahlo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística. Durante a sesión, as nenas e nenos, alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubrirán facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba.  Pasámolo en grande!