Boas, rapazada!
O pasado mércores 1 de marzo, arrancando co Mes da Muller, tivemos a sorte de ter no noso cole ó grupo Migallas Teatro representando "Elas pintan moito", unha proposta moi acorde co noso proxecto de centro.
"Elas pintan moito" é unha sesión de contos e música en directo baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Kahlo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.
Entradas populares de este blog
COMEZAMOS UN NOVO CURSO!
TRABALLO SOBRE A CARTELERÍA PSICODÉLICA
Boas rapazada! O alumnado de 6º EP vai realizar un traballo basado na cartelería psicodélica de Victor Moscoso. Para iso teñen que seguir os seguintes pasos: 1. Investigar sobre a psicodelia na seguinte ligazón: https://padlet.com/musicanatorre/carteler-a-psicod-lica-jj701va0xfqqwozj 2. Investigar sobre Victor Moscoso: https://www.domestika.org/es/blog/7919-victor-moscoso-el-artista-gallego-que-redefinio-los-carteles-del-rock-psicodelico 3. Elexir un/unha artista/grupo musical galego (que cante ou non en galego). 4. Subir unha foto para imprimir e o nome dos/as membros do grupo á seguinte páxina: https://padlet.com/profelena/grupos-galegos-2sx0tvx3c3dymeem 5. Crear o cartaz en A3 imitando o estilo psicodélico.




Comentarios
Publicar un comentario