VISITA DO LUTIER JOSÉ CATOIRA

Boas, rapazada!


Esta mañá tivemos a visita do lutier José Catoira, que nos ensinou cómo é o oficio da lutería, tanto en relación á construción coma a reparación de instrumentos do cuarteto de corda: violín, viola e violonchelo. 


Ademáis, José Catoira ensinounos paso a paso cómo se constrúe un violín, os tipos de madeira que se precisan e as partes do mesmo. Tamén explicoulles ós alumnos cómo naceu esta vocación nel e cales foron os pasos a seguir para converterse nun mestre lutero.


Todo un privilexio coñecer un oficio tan especial e antigo como este da man dun dos mellores lutieres non só de Galicia, senón do noso país. 





Comentarios

Entradas populares de este blog

UNHA EMOCIÓN, UNHA BANDA SONORA.