Hoxe o alumnado de 5º e 6º gozaron dun obradoiro moi divertido no que utilizaron material de reciclaxe para interpretar música.
Un bidón, botes de pintura baleiros e baquetas foron suficientes para aprender, repetir e crear esquemas rítmicos, facer polirritmias máis complexas...e algún grito de guerra que outro :)
Déixovos por aquí uns videos para que vexades o ben que o pasaron e o fixeron:
Boas, rapazada! Comezamos un novo curso inaugurando un novo proxecto dende a Biblio Xanela: "Historias do Mar". Podedes escoitar a música relacionada có proxecto dende a seguinte ligazón:
Ola rapazada! O alumnado de 5º de Ed. Infantil está coñecendo pouco a pouco os instrumentos musicais. Hoxe, tocoulle o turno ó ukelele, da familia da corda. Botádelle un ollo ás fotos, veredes qué futurxs músicxs temos no colexio!
Comentarios
Publicar un comentario