Boas rapazada!
O fío condutor do concerto Didáctico foi o conto "A máquina do tempo":
Trátase
da historia de dous irmáns, Clara e Marcos, que cada fin de semana
visitan aos seus avós que viven nunha fermosa aldea rodeada de
natureza. Un día, atopan ao seu avó moi triste e apagado, polo que
deciden embarcarse na misión de devolverlle a alegría. Para iso,
empregarán un raro trebello que atopan no faiado dos avós. Este
aparato resuta ser unha máquina do tempo, que lles permite viaxar a
distintas épocas e países e así poder coñecer músicas fascinantes.
Gracias a estas viaxes, danse de conta de que a música ten a capidade
de influir nas emocións das persoas e cren saber cal será a menciña que
devolverá a alegría e ilusión ao seu avó.
Entradas populares de este blog
COMEZAMOS UN NOVO CURSO!
TRABALLO SOBRE A CARTELERÍA PSICODÉLICA
Boas rapazada! O alumnado de 6º EP vai realizar un traballo basado na cartelería psicodélica de Victor Moscoso. Para iso teñen que seguir os seguintes pasos: 1. Investigar sobre a psicodelia na seguinte ligazón: https://padlet.com/musicanatorre/carteler-a-psicod-lica-jj701va0xfqqwozj 2. Investigar sobre Victor Moscoso: https://www.domestika.org/es/blog/7919-victor-moscoso-el-artista-gallego-que-redefinio-los-carteles-del-rock-psicodelico 3. Elexir un/unha artista/grupo musical galego (que cante ou non en galego). 4. Subir unha foto para imprimir e o nome dos/as membros do grupo á seguinte páxina: https://padlet.com/profelena/grupos-galegos-2sx0tvx3c3dymeem 5. Crear o cartaz en A3 imitando o estilo psicodélico.



Comentarios
Publicar un comentario